Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
XIV Premios da Publicidade

Os anuncios, tamén en galego

O Consello Asesor da CRTVG e da RTVE-Galicia entregou estes premios co obxectivo de fomentar o uso da nosa lingua a través da publicidade de radio, televisión e Internet.

Redacción - 19:34 14/11/2007

A publicidade é tamén unha boa canle para potenciar o uso do noso idioma e por iso o Consello Asesor da CRTVG e da RTVE-Galicia entregaron, como veñen facendo dende hai 14 anos, os premios aos mellores anuncios, neste caso, de 2006. O acto tamén serviu como escusa para solicitar á Administración Galega máis axudas para potenciar o galego como soporte publicitario e para a realización estudos e investigacións complementarias.

Entregáronse un total de catro premios, referidos ás categorías de Mellor Páxina de Internet, Mellor Cuña Radiofónica emitida, Mellor Espot de Televisión emitido e o Premio Especial: Campaña de autopromoción da utilización do galego na publicidade, convocado este último para o alumnado das distintas facultades galegas do sector.

Na categoría de Internet, a páxina web gañadora resultou ser a da Axencia Audiovisual Galega, elaborada por Interacción. No apartado da Radio, o premio foi para o anuncio Agasalla Cultura 2006, realizado por Ovo Publicidade, e o premio de Televisión recaeu no espot de Augas de Cabreiroá, de man da Axencia Imaxe Intermedia e Continental Producciones. Por último, concedeuse o Premio Especial ao grupo A-Vespas composto polas alumnas da Facultade de Xornalismo da USC, Marta Fariña, Sara González, Ana Escrigas e Alicia Galiña.

Nova convocatoria
O acto, presidido polo secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, xunto co presidente do Consello Asesor, Xosé Luís García Casasnovas, celebrouse no salón de actos da Facultade de Xornalismo compostelá e estivo presentado pola actriz e membro do Consello Asesor, Uxía Blanco. Durante a cerimonia, tamén se presentou a convocatoria da vindeira edición da Campaña de Autopromoción para o ano 2008, co obxectivo de dar máis protagonismo aos mozos creativos galegos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: