Agardando que o sábado que vén xoguen o CN Avilés e o CN Padrón, o de Pontevedra é o primeiro equipo líder da liga nacional.
Xunto ao CN Pontevedra están tamén á fronte da clasificación o CW Santiago e o CN Marina Ferrol, que tamén gañaron a pasada fin de semana, na data en que comezaba a Liga Galega de Waterpolo Absoluta, na que compiten, ademais dos equipos xa sinalados, o CN Coruña, o CACWP, e CW Ourense, o CN Avilés e o CN Padrón.
Os resultados da 1ª xornada:
CN Coruña-C Marina: 9-11
CW Santiago-CACWP: 12-4
CW Ourense-CN Pontevedra: 13-22
CN Avilés-CN Padrón: aprazado até o 17 de novembro.
Clasificación xeral da Liga Nacional de Waterpolo:
CN Pontevedra: 3 puntos.
CW Santiago: 3 puntos.
C Marina Ferrol: 3 puntos.
CW Ourense: 0 puntos.
CN Coruña: 0 puntos.
CACWP: sen xogar aínda.
CN Avilés: sen xogar aínda.
CN Padrón: sen xogar aínda.