Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EMPREGO PÚBLICO

O PPdeG pídelle a Touriño que corrixa a “escandalosa” política de contratación de Vicepresidencia

Denuncia que unha ex concelleira do BNG figuraba nun tríptico como directora de Igualdade do Consorcio de Servizos Sociais antes de que se convocara a praza.

Redacción - 18:32 02/11/2007

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, denunciou este venres que nas pasadas eleccións municipais, nun tríptico do BNG de Ames, figuraba Pilar Candocia como responsábel do Consorcio de Servizos Sociais. Rueda cualificou o feito de “escandaloso” xa que por aquelas datas aínda non se convocara a praza. De feito, Pilar Candocia, ex concelleira no municipio amesán, figura canda outras 34 persoas como aspirante á praza.

O dirixente popular solicitoulle ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que “tome medidas” e “corrixa” a política de contratación que leva Vicepresidencia. Segundo Rueda, as supostas irregularidades extendensen tamén aos contratos de persoal para as galescolas onde o “90% das prazas” teñen unha entrevista persoal “decisiva” que puntúa tanto como a formación ou a experiencia.

 
Vicepresidencia asegura que foi un “erro”
Pola súa parte, a Vicepresidencia defendeu o proceso de selección dun director da área de Igualdade do Consorcio de Servizos Sociais. Segundo recolle Europa Press, o departamento de Quintana considera que Candocia figuraba como responsábel desta área na propaganda por un “erro do BNG”

Segundo fontes de Vicepresidencia, a malinterpretación puido deberse a que Candocia forma parte do persoal de confianza do ente público. Dende este departamento subliñan que a oposición é “legal e transparente” e defenden o dereito de calquera persoa a presentarse ás oposicións que convoque unha administración.


3,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: