Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A UE páralles os pés aos herdeiros do pai de Tarzán

O berro do home-mono non rebrandece as carcasas dos burócratas

A UE negouse a converter o famoso berro nunha marca rexistrada, alegando que non se sabe moi ben o que é nin que cousa ou animal produce o son.

Redacción - 13:14 02/11/2007
O Tarzán Wiessmuller berrando

O Tarzán Wiessmuller berrando

Os herdeiros do escritor estadounidense Edgar Rice Burroughs (1875-1950), creador do lendario home-mono, querían patentar o berrido na Unión Europea, sabendo xa de antemán os cartos que podían tirar do emprego do famoso berro en vídeo-xogos, anuncios ou tons do móbil.

E dez anos botaron turrando contra a Oficina para a Harmonización do Mercado Interior (OAMI), o rexistro europeo de marcas con sede en Alacante, que na mañá da quinta feira negábase filnalmente a rexistrar o alarido.

O problema foi reproducir o son en papel
Na súa solicitude a Edgar Rice Burroughs Incorporated (sociedade dos herdeiros), incluía dúas imaxes que representaban o son da chamada de Tarzán: unha da onda do son e outra dun espectrograma (un gráfico coas frecuencias do berro), que, por certo, foi tirado do primeiro filme sobre o home branco criado polos monos, protagonizado polo mítica nadador e actor Johnny Weissmuller, se cadra o Tarzán máis famoso de Hollywood.

Mais a OAMI argumentou que o berro non se pode rexistrar como marca porque o espectograma non explica claramente o son e o grito non pode transcribirse en notas musicais (podería ser cousa duns violíns ou unhas campás, nada demostra que sexa voz humana). "Ninguén podería imitar o berro de Tarzán a partir do espectograma e ninguén le espectogramas por entretemento", di a sentenza da OAMI.

Os herdeiros sentíronse decepcionados ao coñecer o resultado: "Pasamos oa últimos dez anos tentando conseguir a marca do grito de Tarzán,algo que claquera que teña entre cinco e 105 anos de idade e que escoite o son dirá que é Tarzán".

O berro de Tarzán
Non se sabe con exactitude de onde saíu, mais Johnny Weissmuller (de orixe austriaca) -dicía que era creación súa e que se tiña inspirado nos cantos tiroleses, aos que era moi aleccionada de cativo.

Porén, a Metro-Goldwyn-Mayer, di que o berro é froito do son amplificado por eles con varios sons de animais. Outras teorías falan de que a MGM botou man dun tenor operístico para gravar parte do brado.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Tarzán, Jane, a Chita e mailo fillo de Tarzán, noutra parte da saga cinematográfica
Tarzán, Jane, a Chita e mailo fillo de Tarzán, noutra parte da saga cinematográfica