A creación, de mensaxe ecoloxista, aprovéitase dun tropezo do presidente do Partido Popular.
Unhas declaracións do presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, nas que lle quitaba importancia ao cambio climático apoiándose na opinión do seu curmán, que é científico, servíronlle ao PSdeG-PSOE para facer un vídeo electoral. Baixo o lema “Mi primo me dijo...” xa se converteu nun dos éxitos da semana na web YouTube, con máis de 27.000 exhibicións.
Despois do éxito da primeira versión, engadíronse outras dúas montaxes. Os vídeos, en castelán, tratan diversos temas ambientais, como o estrago da auga, a contaminación ou os lumes, e rematan coa mensaxe “Pasa de tu primo. Cuida tu planeta”.