Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Máis comparecencias na Comisión

O PsdG- PSOE rexeita a Fundación como órgano de xestión da Cidade da Cultura

O seu voceiro na Comisión de Investigación, Xaquín Fernández Leiceaga, insistiu este sábado en que non é o modelo axeitado para a xestión dunha obra pública

Redacción - 14:32 27/10/2007

Na súa comparecencia, o deputado explicou que a adxudicación das obras a "unhas poucas empresas" incitaba a sospeitar un "procedemento pouco transparente e con certo nesgo". Lembrou que a Fundación xa ten adquiridos compromisos plurianuais con certas empresas para a construción das obras máis importantes, agás unha.

"Non se cuestiona a calidade da obra nin a altura creativa do arquitecto Peter Eisenmann, nin a profesionalidade dos técnicos e os traballadores do proxecto; pero o que si se cuestiona é o modelo de planificación e xestión, e a súa relación co Parlamento", afirmou.

Incapacidade do goberno anterior

Salientou tamén que as comparecencias perante a Comisión dos membros do PPdG non serviron para xustificar as actuacións do seu goberno nesta materia durante os anos 1998-2005. Para Leiceaga, o xestor público foi "pouco vixiante e incapaz de controlar a pulsión creativa de Peter Eisenmann". Tamén apunta á incapacidade do anterior executivo para calcular o impacto económico do complexo do Gaiás e súa incidencia sobre a industria cultural en xeral, e a audiovisual en particular.

"Todos os elementos que poderían servir para crear unha proposta máis sólida están ausentes para a anterior Xunta", indicou. O desfase orzamentario de máis de 200 millóns de euros atribuíullo á "falta de control económico e á laxitude no seguimento das obras, as subministracións, os contratos".


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: