Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
II Xtreme Festival A Coruña'07

80 mil watios de son, iluminación, pantalla xigante… e os mellores pilotos do 'Freestyle'

Parece que o que máis importa é o espectáculo sobre as ramplas. Este sábado na Coruña os motoristas máis tolos ofrecerán un espectáculo en dúas rodas.

Redacción - 11:00 27/10/2007

É a cita meirande do Freestyle en Galiza, e ten data: este sábado no Coliseum da Coruña.

80.000 watios de son e iluminación, pantalla xigante, varias ramplas para a evolución dos pilotos, música, corpo de baile, show minimotos, os tolos magos das acrobacias con dúas rodas e o máis agardado, segundo a organización: o chamado back flip (reviravolta no aire) na moto de catro rodas ou quad.

Os organizadores, do Moto Bike Sport Club, trouxeron desta volta aos motoristas internacionais Beau Bamburg, Drake MacElroy, Alejando Dal Farra, José Miralles, Manu Troux, Remi Bizourd, e Rafa Muñoz, que leva o seu quad, co que fará os seus famosos pinchacarneiros.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: