Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O 80% DOS USUARIOS TERÁ UN AVATAR NO 2010

Os universos virtuais suprimen as fronteiras

Para estimular as rendas dos ciberespazos, como Second Life, os "habitantes" dun mundo virtual visitarán en breve a outras comunidades en liña.

Redacción - 11:55 26/10/2007
Nicktropolis

Nicktropolis

Os adeptos de Second Life xa non seguirán sendo os únicos. O estudio Linden Lab, que lanzou o sitio, pediu a IBM atopar un medio para que puidesen visitar outros mundos virtuais por avatares interpostos.

Os avatares son unha sorte de "segundo eu" en 3D: o usuario elixe para si un pseudo ego e crea un personaxe animado.

Segundo o gabinete de análise Gartner, un 80% dos internautas activos terán un avatar en 2010. O que se explica, en particular, polo desenvolvemento dunha cantidade de universos virtuais, como There.com, Gaia Online, Habbo Hotel... Algúns, ata, están destinados aos nenos, como Webkinz, Disney Xtreme digital, Club Penguin ou Nicktropolis.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: