Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O 24 en Compostela e o 25 en Vigo

James Petras fala en Galiza sobre a política estadounidense no Oriente Medio

A política dos Estados Unidos no Medio Oriente: Iraq, Irán, Israel/Palestina é o título do encontro que terá lugar o mércores, a partir das 20.00 no compostelán Hotel Araguaney, e o xoves 25 no Salón de Actos de antigo Reitorado da Universidade de Vigo.

Redacción - 17:00 24/10/2007

O ciclo de conferencias Conversascon, organizado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, desenvólvese ao longo de todo o ano e tenta achegar a Galiza temas sociais de primeira índole como, a globalización, a participación, o voluntariado, a solidariedade...

Para isto, conta con relatores tan destacados como Ken Loach ou, neste caso, o sociólogo James Petras. Licenciado en Socioloxía pola Universidade de Boston no 58, fixo o mestrado (rematado no 63) e o doutoramento (no 67), na de Berkeley (California), e na actualidade é profesor emérito na de Binghamtom (Nova York).

Traballou co Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra do Brasil (MST) e co Movemento dos Parados da Arxentina, é membro do comité editorial de Canadian Dimension e da conferencia antiimperialista Axis for peace, e da súa autoría son Xuízo ás multinacionais: investimento estranxeiro e imperialismo, O poder de Israel nos Estados Unidos, Movementos sociais e poder estatal: Arxentina, Brasil, Bolivia, Ecuador, Imperio e imperialismo, As dúas caras do imperialismo: vasalos e guerreiros, Gobernantes e gobernados: banqueiros, sionistas e militantes.

Colabora tamén con Le Monde Diplomatique, o New York Times, Los Angeles Times ou Christian Science Monitor, ademais de co portal Rebelion.org.


Documentos

4,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



James Petras, nunha foto para Axis for peace da Réseau Voltaire
James Petras, nunha foto para Axis for peace da Réseau Voltaire