Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Déficits na xestión

Galiza fai un dos maiores desbaldimentos e da auga máis barata

Fugas e problemas nas redes de distribución fan perder anualmente até 47,5 millóns de metros cúbicos, cifra case similar á auga que a industria do país gasta no mesmo período.

Redacción - 10:30 27/10/2007

Será que co que chove se atende menos á xestión da auga. Fugas, roturas e avarías diversas implicaron en 2005 unha perda de até 47.549 milleiros de metros cúbicos. Nese 2005, último ano do que existen datos comparativos, Galiza compartiu con Murcia a nivel estatal o posto de pechacancelas en canto a investimento en recollida e tratamento de augas residuais, arredor de 1,5 millóns de euros.

Ese mesmo ano, Galiza tamén aparece con pobres cifras no que lle toca á capacidade de reutilizar auga, apenas 2.559 metros cúbicos por día, un 0,3 do volume total tratado. O volume de auga controlada e distribuída para o abastecemento público, foi en 2005 dun total de 235.015 milleiros de metros cúbicos. A maior parte correu polas billas dos fogares do país, até 152.756 milleiros de m3, por 43.718 empregados no conxunto dos sectores económicos e 21.237 cualificados como consumos municipais.

Os 75 céntimos que pagan os fogares galegos de media por cada metro cúbico de auga están lonxe do 1,62 que aboan os canarios ou do 1,52 polo que lles sae a mesma medida en Murcia, e por baixo dos 0,98 euros da media estatal. A variación no consumo foi de apenas un 1,9% menos en 2005, con respecto ao ano anterior, chegando até 152 litros por cidadán e día, fronte a 155 en 2004. Castela León, Madrid, Euskadi ou Navarra marcaron nese período os maiores descensos de consumo, arredor do sete por cento en todos os casos.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: