Despois da "convulsión absoluta" vivida tras a cesión do seleccionador galego -a 3 semanas do primeiro compromiso oficial-, chega o segundo golpe da superliga, que TELE-VARAL retransmitirá en exclusiva.
Fernando Veiga era o seleccionador galego até hai nada, e as listaxes dos seleccionados para disputar a primeiro duelo internacional deste ano, -en Pillarno, no Concello de Castrillón (Asturias)-, terán que agardar a que a LNB escolla o seu novo míster.
Nunha entrevista concedida a TELE-VARAL o ex seleccionador galego xa falaba dun futuro incerto para o seu cargo.
Agora só falta saber quen será o elixido, en palabras d'O Varal, "para asumir o gran reto de dirixir á Auténtica na primeira edición da Copa Cantábrica. Alí agarda, fregando as mans, a potente selección Asturiana e a súa enfebrecida afección cos dentes e as gadañas afiadas!"
2º carreira da xornada: dende Santo Adrao
Mais, deixando atrás os debates sobre quen poderá ocupar o posto deixado por Fernando Veiga, esta fin de semana volve a emoción, a golpe de paus, á LNB.
Este domingo, a partir das 16 horas, na "pista dos veciños máis vermella das parroquias de Lourenzá, vai comezar o segundo asalto da Superliga Nacional de Billarda na conferencia NorLeste.
A cousa parece que se vai xogar intensamente entre dous palanadores: Iván, do Sporting Petapouco , e Marcos dos Remurelle-Bulls. Esquecédevos de saber que vai pasar con Hamilton ou con Alonso... este domingo, segundo din dende O Varal, "triunfará o touciño sobre a velocidade!
Como nos din dende O Varal, "se non podes estar alí , coma sempre xúnguete a TELE-VARAL que prepara un espectacular golpe de efecto!"