Na filmación, realizada durante unha entrevista, o actor arremeda varios personaxes famosos da época.
Unha curtametraxe inédita de Charles Chaplin, o famoso actor e director de cine, apareceu nun caixón do xornalista Alistair Cooke. O filme rodouse en 1933, durante unha entrevista co comunicador. Nun descanso, Chaplin colleu unha fregona e empezou a imitar diversos personaxes da época.
Aquela gravación non se descubriu até despois da morte de Cooke, en 2004. A súa filla, Susan, comezou a revisar as fitas que o seu pai gardaba nunha caixa. Una delas contiña este testemuño inédito.
A película proxectouse por primeira vez nas xornadas de cine mudo de Pordenone (Italia), e agora xa se pode ver un fragmento no YouTube. Nel, Chaplin arremeda a Janet Gaynor, Greta Garbo e Eduardo de Gales.