Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
As contas do Goberno para 2008

Entre cadelas e patacóns: 11.500 millóns de euros

Un incremento do 6% para uns orzamentos que por vez primeira nos últimos anos non botarán man do endebedamento.

Europa Press / Redacción - 09:00 18/10/2007

Do Consello da Xunta deste xoves deberan saír aprobados os orzamentos galegos para o ano que vén. A aposta pola I+D+i e a formación será outra vez unha prioridade. Para 2008 tamén aparece entre os obxectivos principais a atención á aplicación da Lei de Dependencia. Reequilibrio territorial, transporte público e vivenda protexida son tamén metas destacadas polo Goberno.



A Consellaría de Economía manexa para este treito un prognóstico de crecemento económico do 3,5%, lixeiramente por riba da media estatal, na procura de consolidar a tendencia a medrar máis que o conxunto do Estado mantida desde finais de 2005. De xeito concreto, os obxectivos de xeración de emprego sitúanse en 32 mil postos de traballo, un chisco por baixo dos 35 mil fixados como meta o ano anterior que, con todo, o conselleiro Xosé Ramón Fernández Antonio asegura que se superarán antes de que remate 20007.



O aumento dos orzamentos até os 11.500 millóns de euros implica un crecemento do 6%, o menor desta lexislatura, que en 2006 trouxera unha suba do 9,04% e en 2007 un 8,3%.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: