Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OS PIRATAS SEMPRE RACHARON ESTAS MARCAS

Televés lanza unha "revolución tecnolóxica" contra a piratería

O fabricante galego logra a patente dunha marca de auga que “certifica a autenticidade das imaxes filmadas en vídeo”.

M.V. - 12:42 16/10/2007
Logo da filial de Televés

Logo da filial de Televés

As marcas de auga foron a gran aposta da industria audiovisual para loitar contra a piratería. Pero, tras numerosos intentos, nunca chegaron a consolidarse no mercado. E é que os 'hackers' romperon todos e cada un dos desenvolvementos financiados polas corporación.

Agora é unha empresa galega, Televés, quen anuncia unha “auténtica revolución tecnolóxica”. Trátase dunha nova marca de auga capaz de “certificar a autenticidade das imaxes filmadas en vídeo”.

Televés, a través da súa filial Tredess, xa ten asegurada a patente para Europa, Xapón e os Estados Unidos. Mañá tconvoca unha rolda de prensa para presentala.

Identifica as imaxes copiadas
A marca de auga “garantiza que as imáxenes capturadas en vídeo e despois procesadas son auténticas e non foron sometidas a falsificación algunha” asegura o fabricante. As aplicacións do invento poderán usarse en “sectores como a seguridade, a xustiza, os medios de comunicación e o lecer”.

As marcas de auga funcionan como pegadas dixitais ocultas ao usuario. É dicir, permanecen nas copias dun vídeo ou canción, permitindo identificar a súa procedencia orixinal. Unha posíbel aplicación das marcas sería, por exemplo, identificar a copia orixinal dende que se sacou un vídeo que apareceu colgado no Youtube.


4,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: