A emigración e o exilio coma fonte de novas relacións culturais.
Pilar Cagiao, profesora de Historia de América na Universidade de Santiago de Compostela, dirixiu o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Entre os seus libros cómpre salientar Muller e emigración (1997), O exilio galego de 1936: Política, sociedade, itinerarios (2007), coordinado con X. M. Núñez Seixas, Aproximaciones al americanismo entre 1892 y 2004 (2005), con E. Rey Tristán, e Cen anos da Biblioteca América 1904-2004 (2004).
Conferencia de Pilar Cagiao
"Galegos en América: as relacións culturais"
Xoves 18 de outubro de 2007 ás 19:30
Aula 0.2, Edificio Josep Carner
Filoloxías Galega e Portuguesa, Universidade de Barcelona
c/ Aribau 2 -08007 Barcelona