Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AXUDA PARA O DESENVOLVEMENTO INTERNACIONAL

As ONGDs convocan manifestacións para forzar á Xunta a cumprir en materia de cooperación internacional

As organización non gubernamentais recordan que o Goberno comprometeu un 0,4% do orzamento e só está a destinar un 0,1.

Redacción - 17:20 15/10/2007

A Coordenadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento fai un chamamento aos cidadáns para que presionen á Xunta para que cumpra cos seus compromisos en materia de cooperación internacional. Para iso, convocou concentracións o vindeiro domingo día 21 nas cidades de Vigo, Santiago e Lugo.

O presidente da coordenadora, Xosé María Torres, destacou este luns que Galiza segue sendo a comunidade do Estado que menos inviste en cooperación internacional. Torres lembrou que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, prometeu no seu día destinar o 0,4% dos orzamentos galegos á axuda internacional. Segundo explicou, o executivo destinou en 2007 algo máis de 9 millóns de euros, o que supón o 0,1% do orzamento. Pola contra sinala que o Estado destina o 0,42% e ten previsto chegar ao 0,5%.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: