O portal oficial da entidade católica está dispoñíbel en 25 linguas e ten versións de 61 países.
Web do Opus Dei en galego
A web da prelatura católica Opus Dei conta dende este mes cunha versión na nosa lingua. Con esta incorporación, a páxina xa conta con textos en 25 linguas e contidos de 61 países. A iniciativa coincidiu co quinto aniversario da canonización do seu fundador, Josemaría Escrivá.
Segundo indica a súa delegación en Galiza, o portal en galego inclúe unhas seccións fixas e outras que se renovan, como a actualidade da Prelatura e testemuños. Na web pódense ver vídeos, cartas do prelado, a historia do Opus Dei en Galiza e un servizo de información e resolución de dúbidas.