Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NORMALIZACIÓN NA REDE

Principia a súa andaina eTiqueTAL.com, unha páxina para atopar parella na túa lingua

O portal Fillos.org busca poñer en contacto a mozos e mozas de Galiza e da diáspora.

Redacción - 13:06 13/10/2007

O maior portal da diáspora galega, Fillos.org, presentou esta semana un novo servizo que permitirá que mozos e mozas de todo o mundo atopen amigos ou parella usando unicamente etiquetas en galego. A iniciativa eTIqueTAL.com, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pretende contribuír á normalización da nosa lingua en internet.

Segundo explican os propios promotores, “o web baséase no concepto da semántica, de tal xeito que cada usuario defínese a si mesmo mediante unha icona, unha frase favorita e unha serie ilimitada de etiquetas que describe todo o que lle gusta”. Posteriormente o propio sistema é o que avisa de xeito automático a outros usuarios que comparten eses mesmos gustos e posibilita o contacto privado.

O responsábel técnico do proxecto, Manuel Casal Lodeiro, subliña que a iniciativa pretende “facer que os mozos galegos empreguen máis o galego para se relacionaren entre si na Rede, e que como en todos os nosos proxectos se reúnan nun lugar común os galegos de Galiza e da diáspora”.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: