Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Récord de tramitación e renuncia a alternativas

Os ecoloxistas lusos temen que as concesións a Pescanova abran a porta a outras agresións ambientais

A lexislación "pirata" aplicada no caso de Mira, segundo denuncia Quercus, non é bo agoiro para o futuro.

Redacción - 10:30 13/10/2007

A declaración de impacto ambiental que a planta acuícola de Pescanova requiría, esixía da presentación dun abano de, cando menos, outras dúas alternativas á inicialmente proposta. Paradoxalmente, desde o primeiro momento, o espazo escollido foi a área protexida no contorno do Concello de Mira, dentro de Rede Natura.

Contámoslles hai meses da sorpresa de veciños e ecoloxistas pola paradoxal escolla, xa que consideraban que non moi lonxe do lugar e fóra de Rede Natura, empresa e goberno portugués poderían ter definido outros espazos máis axeitados para a construción da planta de acuicultura. Cando Quercus denunciou a inexistencia da presentación de alternativas ao proxecto de Mira, tal e como esixía a lei vixente, a administración referiuse vagamente á realización de estudos sobre outras dúas localizacións. Así e todo, mesmo unha das presuntas alternativas manexadas, referíase a terreos ao sur do país, burlando unha vez máis a legalidade, xa que segundo explican os ecoloxistas as alternativas deben deseñarse restrinxidas a un mesmo contorno próximo.

Sexa como for, o documento nunca se fixo público. Desde o Ministerio de Agricultura confirmaban a sospeita da ausencia do estudo de alternativas reais, cando o propio ministro aseguraba que o estudo de impacto ambiental ía encamiñado unicamente á decisión sobre a microlocalización da planta de Pescanova. Nun primeiro momento, o responsábel de Quercus na zona, António Campos, xa expresaba para Vieiros a súa preocupación polas implicacións da actuación de goberno e empresa. A teima por levar o proxecto a unha zona en Rede Natura, e máis aínda despois de que ao outro lado do Miño a Xunta lle parase os pés á iniciativa que Pescanova pretendía en zona protexida, implicaría que a curto prazo empresas deste ou outro sector puidesen arramplar con calquera outra área independentemente do seu valor ambiental. Unha escura porta aberta segundo se laian os ecoloxistas lusos, lembrando que en plena presidencia portuguesa na UE, a Comisión Europea evitou responder á demanda presentada desde meses atrás.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: