Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
AS LETRAS GALEGAS, EN RUSO

Traducir literatura galega ao ruso

Con este título, Elena Zernova falará nunha conferencia en Barcelona sobre a súa experiencia como tradutora do galego e outras linguas peninsulares.

Redacción - 23:20 09/10/2007

Elena Zernova é catedrática da Universidade Estatal de San Petersburgo e especialista en lingüística comparada. Coordina un ambicioso proxecto de tradución sistemática da literatura galega ao ruso, no que se publicaron recentemente as antoloxías da obra de Rosalía de Castro e Castelao. Entre os seus últimos traballos doutras linguas destacan unha antoloxía do conto catalán ou a tradución da última novela de Bernardo Atxaga.

A conferencia, organizada por Filologies Gallega i Portuguesa da UB dentro da Axenda Cultural Galega de Rede.cat, está aberta ao público interesado.


Conferencia de Elena Zernova: "Traducir literatura galega ao ruso"
Xoves 11 de outubro de 2007 ás 19:30

Aula 2.5, Edificio Josep Carner
Filoloxías Galega e Portuguesa, Universitat de Barcelona
c/ Aribau 2 -08007 Barcelona


2,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: