Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Organizados pola Dirección Xeral para o Deporte

Novos cursos de formación para mellorar a xestión das federacións deportivas

Marta Souto, e o xerente da Fundación Deporte Galego, Javier Rico, presentaron o Programa de formación de xestión de entidades deportivas, destinado a federacións, clubs e asociacións.

Redacción - 18:10 09/10/2007

A primeira xuntanza oficial de Marta Souto como directora xeral para o Deporte foi cos representantes das 58 federacións deportivas galegas. Nese primeiro encontro, a directora xeral expuxera o seu desexo de colaborar na mellora da xestión destas entidades de cara a facilitar o crecemento do tecido deportivo de Galiza.

Ao abeiro desta liña de traballo, a Dirección Xeral para o Deporte, xunto coa Fundación Deporte Galego, organizaron no pasado mes de maio a I Xornada coas federacións deportivas galegas que agora continúa con programa presentado na terza feira por Souto.

Entre os meses de outubro e Nadal desenvolveranse tres novos ciclos formativos nos que se falará da xestión de recursos humanos, da contabilidade adaptada a federacións deportivas, e da fiscalidade no deporte, para clubes e federacións.

Souto destacou dúas grandes novidades nestes tres ciclos: por unha banda, a apertura aos destinatarios, pois non só federacións, senón tamén clubs e asociacións poderán participar no segundo curso -de contabilidade-; e por outra banda, o lugar de celebración.

Segundo palabras da directora xeral para o Deporte, "quixemos espallar os esforzos para chegarmos ao maior número de entidades posible", polo que o curso de fiscalidade desenvolverase nas sete grandes cidades de Galiza.

Toda a información sobre as datas e os formularios de inscrición, así como os contidos pormenorizados dos cursos e as dúas datas e horas de desenvolvemento poden verse páxina de Deporte Galego.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: