Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A ONG Entreculturas organiza unha charla en Vigo

Promovendo o acceso á educación como motor do desenvolvemento dos pobos

A delegación de Vigo da ONG xesuíta Entreculturas organiza unha charla sobre un programa de escolas situadas nas zonas indíxenas de Bolivia.

Redacción - 17:24 08/10/2007
Logo da ONG xesuíta Entreculturas

Logo da ONG xesuíta Entreculturas

Gastón Rivera é o responsábel do proxecto Casas del Saber, da Fundación Fe y Alegría: un programa de escolas situadas nas zonas habitadas polos pobos indíxenas en que os cativos aprenden os valores e os costumes da súa comunidade, namentres se forman en temas agrícolas.

Na segunda feira dá unha charla, na sede de Entreculturas en Vigo, sobre a súa dedicación nas Casas del Saber ou Yachay Wasi que a ONG Entreculturas desenvolve en Bolivia.

Bolivia, onde 9 de cada 10 nenos non rematan a escola

O 60% da poboación boliviana é urbana; o 40% restante rural, e o 70% do total mora no chamado Eje Cordillerano, conformado polos departamentos de La Paz, Oruro, Potosí, Tarija e Chuquisaca.

Segundo datos da ONU, Bolivia é o país con peor Índice de Desenvolvemento Humano de Sudamérica, donde a pobreza do medio rural é o triplo da das cidades, xa de por si grave.

Tamén é nas zonas rurais onde se atopan os problemas educativos máis graves; os lugares onde viven fundamentalmente os grupos indíxenas. Só un de cada dez nenos das comunidades campesiñas consegue terminar o ciclo primario básico de educación; de entre as nenas é mesmo peor: só unha de cada vinte completa a educación básica.

Os pobos indíxenas en Bolivia

Bolivia é un país plurinacional e multicultural. No século XX xa se tiñan extinguido nove etnias.

Só o 36% dos bolivianos son monolingües en castelán. Un 13% non o fala, senón que está integrado nalgúns dos tres grandes grupos lingüísticos: os aymarás, os quechuas e os guaranís, que á súa vez están formados por 35 grupos étnicos cunha identidade cultural propia e diferenciada.

A ONG Entreculturas

É unha organización non gobernamental de desenvolvemento que tenta promover o acceso á educación como motor de desenvolvemento dos pobos. Dentro dela existe Fe y Alegría, un proxecto que leva medio século traballando en América Latina, e está comezando a traballar en África.

A organización Fe y Alegría xestiona na Bolivia rural e indíxena as Yachay Wasi, Casas do Saber en quechua. Dende os anos 80 estas escolas ofrecen alternativas complementarias ao sistema formal regular oficial e, ao tempo, tratan de garantir a permanencia na escola dos nenos e nenas das comunidades campesiñas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha familia boliviana / Flickr: Canadian Smiley
Unha familia boliviana / Flickr: Canadian Smiley