Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Abaneo na comunidade científica

O pioneiro Craig Venter asegura estar na porta da creación de "vida artificial"

Prestixioso e ás veces polémico investigador no ámbito da xenética, Venter especula cun revolucionario anuncio a curto prazo.

Redacción - 11:00 06/10/2007

"Será un importantísimo paso filosófico na historia das nosas especies", relatoulle Craig Venter ao xornal inglés The Guardian. O diario asegura que o equipo de vinte científicos formado por Venter e liderado polo Nobel Hamilton Smith, foi xa capaz de deseñar e construír un cromosoma sintético, "unha proeza da bioenxeñería nunca antes conseguida", subliñan. En breve, Craig Venter asegura estar a piques de anunciar a creación por primeira vez dunha forma de "vida artificial" na Terra.

Hai poucas semanas Venter xa fóra noticia ao publicarse que a súa propia secuencia de código xenético fora completada polos investigadores do seu laboratorio. "Reconfórtame saber que non somos clons", chanceou daquela o científico ao revelarse que a análise do seu propio xenoma servira para revisar as hipóteses apuntadas na altura de 2001, cando se supuxera que as variacións entre o xenoma de dous individuos apenas chegaban a un 0,1%. O traballo realizado co seu propio código amosaría que esa diversidade estaría arredor do 1% o que implica varios millóns de diferencias xenéticas posíbeis entre dúas persoas.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: