Todos os sábados de outubro serán proxectados documentais sobre a cultura marítima en Bueu. A entrada é de balde.
A primeira travesía cara ao gran Sol, ou a vida nunha pequena vila mariñeira son algunhas das historias que serán proxectadas ao longo do mes no Museo Massó de Bueu, dependente da Consellaría de Cultura e Deporte.
Abren o ciclo, este sábado 6, Morrer no mar, a historia dun mariñeiro que, tras despedirse da súa muller e do seu fillo a noite anterior, aparece morto na praia, e Xinetes na tormenta, inspirada nun relato de Manuel Rivas, que conta a primeira viaxe ao Gran Sol de Suso, un rapaz que se embarca para aforrar e mercar unha guitarra, e a súa relación con Andino, un mariñeiro disposto a deixar o alcol polo amor dunha muller.