Os seus avogados presentaron un recurso para tratar de impedir o acceso dos técnicos de Cultura.
Os avogados da familia Franco presentaron un contencioso nun xulgado coruñés para tratar de impedir que os técnicos da Consellaría de Cultura entren no pazo de Meirás para ver de declarar o inmóbel Ben de Interese Cultural.
A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, dixo este xoves que o pazo de Meirás “non é unha torre” tal e como dixo o presidente dos populares, Alberto Núñez Feijoo. De selo, asegurou a conselleira, xa sería automaticamente un Ben de Interese Cultural