A actualidade vista polos usuarios de internet non ten nada que ver coa que seleccionan os medios de comunicación tradicionais. É o que confirma un estudo realizado recentemente polo Project for Excellence in Journalism (PEJ), un arquivo con sede en Wáshington
O estudo revela que apenas o 5 % das novas son o mesmo. Os internautas parecen preferir as informacións que concernen ao estilo de vida e á tecnoloxía, á cobertura clásica dos medios de comunicación dominantes.
O 70 % dos artigos subidos aos sitios de internet onde o contido é escollido polos usuarios, proveñen de fontes non "tradicionais", blogs, YouTube ou outras localizacións non especializadas en temas de actualidade.
Para obter estes resultados o equipo do PEJ comparou durante unha semana - do 24 ao 29 de xuño - o que se atopaba sobre Digg, Reddit e Del.icio.us, así como os artigos máis vistos e máis recomendados de Yahoo News coa base de 48 principais medios de comunicación de información, grazas á cal segue a evolución da prensa americana (xornais, radios, cadeas de tele e cable, sitios de información online).
O 40 % dos artigos seleccionado polos usuarios proveñen de blogs, o 24 % de sitios tradicionais e o 5 % das axencias, que son a fonte principal dos medios de comunicación tradicionais. O 5 % dos artigos escolleitos que corresponden á elección dos medios de comunicación tradicionais vai por medio do 13 % para Reddit ao 0 % para del.icio.us.
A guerra en Iraq correspondía ao 10 % dos artigos publicados polos medios de comunicación tradicionais, o 7 % das novas seleccionadas sobre Yahoo e o 1 % do conxunto dos outros tres. En Digg, e del.icio.us. o 40 % dos artigos populares conságranse á tecnoloxía ou ao "estilo de vida". Os autores do estudo subliñan que " a cobertura das tres localizacións nas que a actualidade é elixida polos usuarios ao longo desa semana está aínda máis centrada nos Estados Unidos que nos medios de comunicación tradicionais.
"A proporción de novas americanas é do 89 % sobre Digg, do 83 % sobre Reddit e do 81 % sobre del.icio.us. Nos medios de comunicación tradicionais, o 71 % dos artigos referíase a acontecementos nacionais. Contrariamente ao costume dos medios de comunicación tradicionais, que volven numerosas veces sobre os suxeitos que consideran importantes, os outros os reteñen moi brevemente.
Conclusión rotunda do bloguer Nicholas Carr: "cando se substitúe a responsables profesionais de redacción por un xentío ou por unha rede social atopámonos de feito cun aparvamento da actualidade. Non é máis que un fluxo de migallas de bocas apestosas. A xente á que coñeciamos como "audiencia" podería converterse na xente que considerabamos informados".