O clube agarda os cartos polo traspaso de Diego López, que a directiva madrileña lle debe dende o ano pasado.
En novembro de 2006 Diego López levaba xa 5 partidos xogados co Real Madrid. Era o sinal que agardaban en Lugo para cobrar os 150 mil euros que lles prometeran os directivos do equipo branco polo traspaso do xogador.
O presidente do Lugo, despois de se reunir a semana pasada con representantes do equipo madrileño, aseguraba que o ingreso íase facer efectivo "antes do día 15". Mais o Madrid xa pechou contactos millonarios con outros equipos, e xa pagou e deixou de pagar outros traspasos máis caros que o de López, e en Lugo aínda non viron un euro.
No Lugo xa pensaban que tiñan un compromiso en firme en agosto, pero as cousas non cambiaron nada. Dixéronlles que "nuns días cobraban", pero levan mes de medio nas mesmas, sen recibir uns cartos que fan o 15% do orzamento do clube lucense.