Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Quecemento global do Planeta

O Ártico rexistrou este verán temperaturas de até 22ºC

A media habitual deica este ano situábase nos 5ºC. Ademais, en setembro produciuse o nivel de desxeo máis acusado dos nunca rexistrados.

Redacción - 11:36 03/10/2007

Científicos canadenses da Queen's University de Ontario, de expedición na Illa de Mellville, no Ártico, rexistraron durante o mes de xullo temperaturas de até 22ºC, nunha zona considerada como das máis frías de Norteamérica, segundo informa o diario inglés The Independent.

Diversas partes do Ártico experimentaron este verán unha vaga de calor sen precedentes, con temperaturas que superaron en varias ocasións os 20ºC, ao redor de quince por riba da media.

"Isto é excepcional para un lugar onde a media habitual sitúase en torno aos 5ºC. Este ano rexistramos habitualmente temperaturas de entre 10ºC e 15ºC, e nalgúns días chegou aos 22ºC", afirma Scott Lamoureux, profesor de Xeografía na universidade de Queen's.

Ademais, as altas temperaturas viñeron acompañadas por un dramático desxeo do mar Ártico en setembro que acadou os niveis máis baixos dos xamais rexistrados, un indicativo da sensibilidade desta rexión do Planeta ao fenómeno do quecemento global.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: