Dende esta madrugada é posíbel pódense dominios de internet “.es” con carácteres internacionais (IDN) en galego, castelán, catalán e euskera. É dicir, é posíbel reservar identificadores como acoruña.es, consellería.es ou valença.es.
Iso si, ata o vindeiro 30 de outubro só poderán reservar identificadores “os titulares de nomes de dominio rexistrados antes do 1 de xuño de 2007”, segundo informa o Ministerio de Industria. É dicir, quen teña rexistrado antes desa data "www.acoruna.es" terá preferencia temporalmente sobre "www.acoruña.es".
Os novos caracteres admitidos son:
- á, à
- é, è
- í, ï
- ó, ò
- ú, ü
- ñ
- ç
- l•l (l xeminada do catalán)
Ademais,
Red.es publicou unha serie de normas para resolver conflitos, por exemplo no caso de que os titulares de “www.acoruna.es” e da “www.acorunha.es” soliciten o novo “www.acoruña.es”.
Non son 100% compatíbeisIso si, os novos dominios -coñecidos polo acrónimo inglés IDN- non funcionan con todos os navegadores. O Internet Explorer 7 e as últimas versións do Ópera e do Mozilla Firefox si poden procesalos, pero non versións antigas. Tamén existen dúbidas de se todos os buscadores e servidores web seran quen de traballar con eles.
Despois do 30 de outubro, Red.es anunciará cun aviso que se publicará con 15 días de antelación, unha nova fase que permitirá a solicitude de nomes de dominios ".es" multilingües a todos os usuarios que o soliciten. Máis información en
Dominios.es e no 902 010 755.