Ademais do Día da Arquitectura e da xente de Idade, hoxe os vexetarianos de todo o mundo, veganos, fructívoros, ovos-lácteos... celebran o seu día.
Para celebrar o seu día mundial os vexetarianos de todo o mundo falan dos beneficios desta práctica alimentaria e convidan a quen o desexa a probalos e a unirse a eles. O nacemento desta celebración foi no ano 77, e a data exacta foi escollida pola Sociedade Norteamericana de Vexetarianos, e a ela fóronse adherindo grupos de todo o mundo.
O vexetarianismo, máis do que unha dieta sen carne
Non só sen carne, senón moitas veces sen leite, sen ovos, sen derivados animais, só baseada na froita... hai moitos xeitos de ser vexetariano.
Por exemplo, os veganos exclúen das súas dietas todo produto de orixe animal, os ovovexetarianos comen ovos e os lácteovexetarianos, produtos lácteos, mais non todos. Os fructívoros, frutivistas ou fruxivistas comen froita... pero hai unha chea de modalidades máis.
Os vexetarianos eliminan a carne das súas dietas por diversas razóns: sanitarias, medioambientais e de respecto aos animais e mailo seu medio. Segundo os seus obxectores, trátase dunha dieta prexudicial, sobre todo para os máis cativos.
En Europa
Unha das principias asociacións a nivel mundial é a Unión Vexetariana Europea (EVU), que agrupa a maior parte de asociacións vexetarianas do continente.
En Galiza
Non existe unha federación de asociacións vexetarianas, mais si unha chea de asociacións de practican o vexetarianismo, organizan xantares, encontros, palestras, ceas e mobilizacións públicas contra o maltrato animal e a prol de novas prácticas alimentarias, respectuosas co medio.
Tamén están a nacer unha chea de cooperativas de consumo responsábel, que van alén do vexetarianismo, como a que acaba de botar a andar en Compostela, ou algunhas que xa levan un tempo como a de Vigo (Árbore), Ferrol (Xoaninha), ou Ourense (Semente).
E na rede, haiche de todo, Dende un receitario ben completo a un especial de legumes con denominación de orixe.