Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo. I Volta Júnior

Dous galegos no podio final

Adolfo Vicente ficou segundo na xeral, quedando para el o mailló dos galegos. Noel Martín gañou a I Volta Ciclista Júnior galega.

Redacción - 11:43 01/10/2007
O podio final, con Martín, Vicente e Macía

O podio final, con Martín, Vicente e Macía

A I Volta Ciclista Júnior a Pontevedra, organizada polo Club Ciclista Ría de Vigo, terminou o domingo cunha etapa entre Vilaboa e o Lago Castiñeiras. Durante os tres días que durou, mantivéronse os tres nomes dos protagonistas: Pedro Macía, do Muebles Compostela, -líder da montaña e das metas voantes-; Adolfo Vicente -segundo na xeral e o mellor ciclista galego nesta Volta-, tamén do Muebles Compostela; e o burgalés Noel Martín, do Cafés Gometero, quen se proclamou vencedor da Volta, tras aguantar a forza dos dous galegos.

Por equipos, foi o conxunto madrileño ENIPESA-ASC o que tirou aos galegos do PSA Vigo-Autronic do liderado da clasificación final.

Unha volta "emocionante"
Fernando Domato, secretario do Club Ciclista Ría de Vigo e responsábel da proba amosou a súa satisfacción polo desenvolvemento desta primeira Volta, "marcada pola emoción até os seus últimos metros, como se pretendía".

Domato quixo tamén agradecer o seu apoio aos ciclistas do Karpin Galicia Serafín Martínez, Ramón Troncoso, Gustavo Domínguez, David Abal e Ezequiel Mosquera, que foron os convidados de honra nas tres etapas da proba.

Clasificacións:

Etapa
1º- Pedro Macía (Muebles Compostela) 1:48:18.
2º- Adolfo Vicente (Muebles Compostela) a 2 seg.
3º- Noel Martín (Cafés Gometero) a 10 seg.

Xeral Final

1º- Noel Martín (Cafés Gometero) 5:29:33.
2º- Adolfo Vicente (Muebles Compostela) a 6 seg.
3º- Pedro Macía (Muebles Compostela) A 16 seg.

Vencedor Montaña e Metas Voantes

1º- Pedro Macía (Muebles Compostela).

Xeral galegos

1º- Adolfo Vicente (Muebles Compostela).

Xeral Equipos

1º- ENIEPSA-ASC.
2º-Psa Vigo-Autronic.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: