Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Día Internacional

Cultura duplicou este ano as axudas á tradución

Fernando Pérez-Barreiro Nolla será o protagonista dunha homenaxe o 3 de outubro en Compostela.

Redacción - 13:00 30/09/2007

O 30 de setembro é o Día Internacional da Tradución, e a Consellaría de Cultura e Deporte conmemórao co lema "Non mate a mensaxeira!". As actividades arrancaron o 27 de setembro cunha mesa redonda, e o acto central será o 3 de outono, cunha homenaxe ao tradutor Fernando Pérez-Barreiro Nolla no Auditorio de Galicia.

Durante o 2007 aumentaron un 100% as axudas á tradución, até os 204.000 euros, e para o 2008 está prevista unha suba do 60%. Ademais, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural está a colaborar coa Asociación de Tradutores Galegos para a creación dun portal sobre a literatura galega con versións en varios idiomas de cara ao mercado internacional. Amais disto, estanse a traducir títulos de custo elevado que pasan a formar parte da listaxe da biblioteca virtual Bivir.

O acto do 3 de outubro terá lugar ás sete do serán e servirá para renderlle homenaxe ao tradutor ferrolán Fernando Pérez-Barreiro Nolla, que intervirá no acto. Tamén asistirán a conselleira, Ánxela Bugallo; o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, e a poeta Eva Veiga. Actuará o Trío Lira.

O autor ao que se lle rende homenaxe este ano naceu en Ferrol en 1931 e reside en Londres, a onde chegou en 1963. Foi a primeira persoa que traduciu do galego ao chinés –e viceversa-. Na actualidade é membro do Consello Asesor do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) e correspondente da Real Academia Galega.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: