Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Baloncesto

As finais da Copa Galicia xóganse en Compostela

O Pío XII é o club anfitrión da fase final da XV Copa Galicia que se xogará este sábado e domingo.

Redacción - 09:45 29/09/2007
O Pío XII, de vermello, durante un partido

O Pío XII, de vermello, durante un partido

O Club Baloncesto Pío XII organiza en Compostela a fase final da 15 edición da Copa Galicia de baloncesto femenino sénior no que os catro equipos que accederon á fase final -o propio Pío XII, o Extrugasa, o RC Celta Vigourban e o Ensino de Lugo- se enfrontarán polos primeiro posto. Os partidos xóganse no pavillón municipal de Santa Isabel entre o sábado e o domingo.

O primeiro partido bótano o Pío XII e o Ensino o sábado ás 18:30 horas, segundo indica a Federación Galega de Baloncesto na súa páxina web. O mesmo día ás 20:30 horas xogan o Extrugasa e o Vigourban.

No domingo ao mediodía os dous equipos que gañasen os seus partidos xogarán a final.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O cadro do Celta Vigourban, un dos equipos na final da Copa Galicia
O cadro do Celta Vigourban, un dos equipos na final da Copa Galicia
Dúas xogadoras do Ensino de Lugo, fotografadas por Jabato9999 no seu Flickr
Dúas xogadoras do Ensino de Lugo, fotografadas por Jabato9999 no seu Flickr
As xogadoras do Extrugasa, nun partido contra o Viladecans
As xogadoras do Extrugasa, nun partido contra o Viladecans