Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

A I Volta Ciclista Júnior galega sae de Vigo

É a última gran cita da temporada para os ciclistas júnior de todo o estado, apadriñada polo neo-profesional do Karpin Galicia, Serafín Martínez.

Redacción - 10:42 28/09/2007

A Volta Júnior a Pontevedra comeza a sexta feira ao mediodía na Avenida de Samil, lugar escollido pola organización do Clube Ciclista Ría de Vigo para situar a liña de meta e a saída. Serán preto de 100 corredores os que comezarán esta primeira volta, que aspira a se converter nun referente a nivel estatal.

Todos os clubes galegos terán un dos seus no pelotón, e tamén os clubes portugueses AFF Barcelos e o Vulcal de Coimbra, e os españois Enipesa de Madrid e o Gometero de Burgos.

102 quilómetros pola zona de Vigo
A primeira xornada de competición terá un percorrido de 102 Km a discorrer por Nigrán, A Ramallosa, Gondomar, Tomiño, A Guarda, Baiona, Priegue e Vigo. Hai dúas metas voantes, en Gondomar e Baiona, e dous premios de montaña no Alto de Tebra e no Alto de Priegue. A chegada está para as 16:15 horas fronte ao Verbum, o mesmo lugar de onde saíu, hai apenas tres semanas, a Vuelta.

Segundo a organización, trátase dunha etapa típica das carreiras galegas, con varias subas e baixadas do terreo que poden favorecer as fuxidas. Esta só é a primeira etapa, mais como a competición está regulada polos sistema Challenge, todos aqueles corredores que queden descolgados do grupo, por chegar fóra de control ou retirados, poden volver saír nas seguintes etapas.

Serafín Martínez, do KGZ, e o concelleiro de Deportes vigués, Xavier Alonso, serán os encargados de cortar a primera fita da proba.

As seguintes etapas
O sábado en Soutomaior vanse disputar a terceira e a cuarta etapa, que inclúen unha contrareloxo polo centro de Redondela.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: