Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No sistema sanitario galego

A segunda opinión médica en caso de doenzas graves xa está regulada

Con esta nova norma dáselle ao paciente a oportunidade de obter maior información para decidir entre as distintas opcións clínicas dispoñíbeis.

Redacción - 18:06 27/09/2007
O Sergas regulará a segunda opinión

O Sergas regulará a segunda opinión

A partir de agora as persoas con enfermidades neoplásicas malignas, neurolóxicas inflamatorias e dexenerativas invalidantes, doenzas graves con causa hereditaria claramente definida, ou as que procuren confirmación de patoloxías raras poderán realizar a súa solicitude para obter unha segunda opinión ás xerencias da área sanitaria ou dirección provincial correspondente.

Será o propio paciente o que poida propoñer un facultativo ou facultativa da sanidade pública galega para que lle ofreza unha segunda opinión nos casos recollidos neste decreto. O médico escollido deberá emitir a súa opinión nun prazo máximo de 15 dias após da consulta.

A Xunta aprobou na quinta de mañá o decreto mediante o que a Consellería de Sanidade regula o dereito a unha segunda opinión médica, que se traducirá nunha segunda consulta médica que dará lugar a un informe facultativo emitido tras a solicitude previa.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: