A páxina da plataforma Salvemos Monteferro acaba de ser galardoada co quinto premio do Instituto de Estudos Miñoranos. Taurozen deixou no Open Vieiros esta noticia.
A Xunta de Goberno do Instituto de Estudios Miñoranos (IEM), tomou a decisión, por unanimidade, de concederlle á web de Salvemos Monteferro este premio, por ser a primeira web ecoloxista do Val Miñor, con información actualizada arredor da que se concentrou a gran mobilización social que conseguiu a paralización do proxecto de urbanización de Monteferro, en Nigrán.
Taurozen deixa esta información completa no Open Vieiros.