O Congreso instou na terza feira á federación española de fútbol a que recoñeza ao equipo como campión do trofeo republicano Copa de l'Espanya Lliure.
A Comisión de Educación e Deporte do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade a proposición non de lei pola que se insta á Federación Española de Fútbol a recoñecer como oficiais os resultados da Copa de l'Espanya Lliure de 1937, xogada polo Levante e o Valencia, e gañada polos primeiros, no pedaciño de península que aínda era republicana, en plena Guerra Civil.
Aínda que aprobada por todos os grupos no Congreso, o PSOE introduciu certas modificacións nas que se recoñece implicitamente que non é o Congreso quen debe oficializar as competicións de 1937, senón a federación española.
Ángel María Villar, presidente da RFEF, vai ser o encargado de darlle a noticia definitiva ao Levante UD, recoñecéndolle daquela un título que leva 70 anos nas súas vitrinas