Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presupostos Xerais para 2008

O Estado prevé investir menos de 1.900 millóns en Galiza

Aos 1.942 millóns anunciados este martes haille que restar a cantidade destinada a gasto militar. Francisco Rodríguez (BNG): "Boas cuantitativamente, malas cualitativamente".

Redacción - 15:01 25/09/2007
O ministro de Economía, Pedro Solbes, fai entrega do proxecto de lei ao presidente do Congreso dos Deputados español, Manuel Marín, este martes

O ministro de Economía, Pedro Solbes, fai entrega do proxecto de lei ao presidente do Congreso dos Deputados español, Manuel Marín, este martes

O goberno español presentou este martes no parlamento o Proxecto de Lei dos Presupostos Xerais do Estado 2008 para a súa tramitación. Ábrese agora o período de presentación de emendas.

En total, e á espera das negociacións que realicen os representantes galegos en Madrid, Galiza recibirá un investimento en infraestruturas de preto de 1.900 millóns de euros xa que, malia que a cifra oficial presentada ascende a 1.942 millóns, é preciso restarlle o montante destinado a gasto militar.

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño destacou que os PXE destinarán a Galiza preto de 700 millóns de euros para o AVE, e cualificou o transporte ferroviario de alta velocidade como unha "prioridade" do goberno do Estado.

Así mesmo, subliñou que conteñen tamén 172 millóns de euros para o tramo entre Ourense e Zamora, dos que 19 millóns corresponden á licitación das obras do treito entre Ourense e Lubián, que transcorren fóra de Galiza, mais que permiten a conexión coa Meseta.

Análise dende o BNG

Pola súa banda, o voceiro do BNG no parlamento español, Francisco Rodríguez, cualificou os PXE 2008 de "bos, cuantitativamente, para comezar a negociar", mais "malos dende o punto de vista cualitativo".

Segundo o nacionalista, os orzamentos destinados ao ferrocarril están "descompensados" con respecto aos destinados ás estradas, e critica que non se especifique máis o investimento por tramos, "algo que conseguiremos presentación de emendas". "Dalgúns como o de A Coruña-Ferrol nin se fala", engadiu.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: