Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FEITO INAUDITO EN EUROPA

Operarios alemáns reactivan unha fábrica para evitar o seu peche

Lanzan unha campaña para captar 1.800 pedidos da 'biclcleta da folga' e salvar os seus postos de traballos

Redacción - 13:31 25/09/2007

Uns 135 traballadores da fábrica de bicicletas Bike Systems GmbH, en Nordhausen (Alemaña), acaban de asumir o control da produción para intentar salvar os seus postos de traballo. Os operarios ocupan a factoría dende hai dous meses. Queren evitar que a empresa, de capital norteamericano, retire as máquinas e culmine así definitivamente o desmantelamento da factoría, informa a CNT.

Bicicletas da folga” por 200 euros
Para lograr sacar adiante esta iniciativa de autoxestión, os traballadores necesitan recibir 1.800 pedidos de bicicletas antes do vindeiro 2 de outubro. Con este fin, lanzaron unha campaña de pedidos por internet, na que se poden encargar vehículos dende 200 euros. A bicicleta producida polos operarios foi bautizada como a “Strike bike”, a “bicicleta da folga”.

A ocupación e autoxestión da fábricas foi un fenómeno frecuente, e exitoso nalgúns casos, en Arxentina durante a crise do 'corralito'. Con todo, un caso como o que se está producindo na rexión de Turingia é inhabitual en Europa.

Pechar fábricas a cambio de accións

Os problemas para o futuro da fábrica de Nordhausen comezaron cando o grupo Biria, un dos maiores produtores de bicicletas de Alemaña, foi adquirido pola firma americana de inversión Lone Star Funds, indica o portal Bike Europe. Lone Star Funds comezou a vender de fábricas á competencia a cambio de accións.

Na súa estratexia empresarial americana, o destino daquelas fábricas que non interesan aos competidores de Biria sería o peche, circunstancia que agora tentan evitar os traballadores de
Bike Systems GmbH.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: