O artista coruñés, vencedor de A polo ghit 2006, presenta o seu traballo na rede.
Pulpiño Viascón, diante do concello de Mugardos
Un ano despois de gañar a primeira edición de A polo ghit, Pulpiño Viascón preséntanos o seu blog. O músico coruñés abre unha fiestra na blogosfera onde recompila os dous temas que presentou ao concurso e vídeos das súas actuacións en solitario e nos grupos Os diplomáticos de Monte Alto, Bonovo e La sonora callejera.
O artista dálle, ademais, un repaso á súa ampla traxectoria profesional e vai engadindo algunha entrada sobre a súa vida, como a actuación que fixo en apoio aos veciños de Meá, pechados no concello de Mugardos para protestaren contra a situación da planta de Reganosa.