Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
FIREFOX E EXPLORER ANDAN A PAR

Os Mac xa non son máis seguros ca os computadores con Windows

Segundo os expertos do CA Security Advisor, que publican a clasificación de sistemas operativos e navegadores con menos 'buratos'

Redacción - 18:11 24/09/2007

Nos primeiros seis meses do ano rexistráronse máis vulnerabilidades nos Mac OS X que nos Windows XP e Vista. Así o revelan os últimos datos do CA Security Advisor Team, un equipo internacional de expertos que periodicamente publica clasificacións sobre os navegadores e os sistemas operativos máis fiábeis.

De ser certos os datos deste colectivo, por vez primeira o sistema operativo dos computadores de Apple sería superado en seguridade polos produtos de Microsoft. E é que na primeira metade do ano os profesionais da consultora CA detectaron 51 vulnerabilidades -os 'buratos' que usan os ciberdelincuentes- para Mac OS X, 29 para Windows XP e 19 para Windows Vista.

As vantaxes do código aberto
No referido aos navegadores de Internet, I
nternet Explorer e Firefox teñen un nivel de seguridade similar, con 52 e 53 vulnerabilidades este ano. Sen embargo, os erros no Firefox son corrixidos máis rapidamente. E que se trata dunha aplicación de software libre, o que permite a milleiros de programadores de todo o mundo colaborar continuamente na súa mellora .

Por último, os expertos alertan do aumento de ataques a través de Acrobat Reader e Macromedia Flash. Segundo as súas previsións, o número de vulnerabilidades nestes programas duplicarase durante o presente ano.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: