A súa presidenta, Begoña Erratzi, cre que chegou o momento de facer unha fronte nacionalista.
A presidenta de EA, Begoña Erratzi, apelou este domingo á unidade de todos os nacionalistas vascos. Nun acto de partido celebrado en Portugalete, Erratzi dixo que chegara de dar a cara diante do Estado español. En Euskadi Alkartasuna están convencidos de que o goberno de Madrid non vai permitir un referendo de soberanía, nin vai recoñecer o carácter plurinacional do Estado.
Erratzi subliñou que “as bases do PNV e moitas das bases de Batasuna entenden moi ben a necesidade da unidade abertzale, de non deixar que pasen por riba de nós, a necesidade de tomar decisións”. Para a presidenta de EA, se as portas se seguen a pechar só queda unha alternativa: “Desobediencia. Estou dicindo claramente desobedecer o Estado. Desobediencia fronte a un Estado que, unha e outra vez, vulnera o principio democrático de decisión do pobo vasco”