Por vez primeira, os alumnos poderán escoller a tenda e o modelo que van mercar coa subvención da Xunta
Imaxe do Programa Uniporta
Cincuenta euros máis de axuda e a liberdade de escoller o modelo de portátil e a tenda na que se compre. Estas son as dúas grandes novidades do novo Programa Uniporta, que subvenciona aos universitarios a adquisición de ordenadores.
Os alumnos das tres universidades galegas poderán recibir 200 euros, fronte os 150 euros de anos anteriores. Abondaralles presentar unha factura da compra do ordenador nas oficinas da súa universidade.
Requisitos
Iso si, o computador debe ter unhas prestacións mínimas, como conexión wifi e tarxeta de rede. En todo caso, non se subvencionarán trebellos como PDAs e outros dispositivos móbiles.
Así o explicou o mércores o conselleiro de Innovación e Industria nun acto ao que acudiron os tres reitores do país. Fernando Blanco asegurou que a Xunta vai investir 900.000 euros neste Programa.