Deluxe, Catpeople, Berrogüetto, Faltriqueira e Lamatumbá chegan ao festival no marco das iniciativas da Consellaría de Cultura pola internacionalización da música galega. Aquí podemos ver un vídeo de Lamatumbá:
O grupo folc
Lamatumbá é unha das formacións galegas que participan no festival
Popkomm de Berlín. A banda presenta a súa música nos escenarios europeos, xusto antes de comezar a gravación do seu próximo traballo, nos estudios
Casa de Tolos de Gondomar. No seu
MySpace xa se pode escoitar e descargar un adianto do seu vindeiro álbum.
O
IGAEM, dependente da
Consellaría de Cultura e Deporte, presenta na feira berlinesa sete empresas e outros catro grupos do país. Baixo a marca
Galician Tunes e co subtítulo
Music in the Oven, La Fábrica de Chocolate, Abada, Berrogüetto Producións, Falcatruada, Kamikaze, Nordesía, Promocións Sen Fronteiras e Zouma terán a súa representación no Popkomm.É outro dos eventos clave na aposta da Consellaríapor espallar a nosa música na escena internacional. Xa hai uns meses houbo unha representación da música galega no
Midem de Cannes, e dentro de un mes tamén participará outra no
Womex de Sevilla.
Os grupos
Deluxe,
Catpeople, Lamatumbá,
Faltriqueira e Berrogüetto ofrecerán a súa música por primeira vez nunha representación da consellaría nunha feira no exterior, que se desenvolve do 19 ao 21 de setembro.