A XIX Marcha Galega de Montañeiros Vetaranos e o II Open Internacional de Veteranos de Hóckei Herba van xuntar os deportistas galegos máis experimentados.
Logo do Open de Ourense
Esta fin de semana hai varios eventos dedicados aos deportistas galegos veteranos: primeiro está o II Open Internacional de Veteranos de Hóckei Herba que, co patrocinio da Fundación Deporte Galego, se vai celebrar en Ourense os días 15 e 16 de setembro, no Campo de Mariñamansa.
E o domingo, os montañeiros máis vellos únense na XIX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos, organizada polo Clube de Montaña Xistra, de Vigo, polos montes da Serra da Groba, nos municipios de Oia e Baiona.
A actividade, realizada por equipos, iniciarase as 9.15 horas dende as proximidades da aldea da Portela, dentro da parroquia de San Pedro de Burgueira no Concello de Oia, ascenderá ao Alto de Corroubelo (599 metros) e continuará en dirección norte até o Alto da Groba (654 metros), para descender polo Cortelliño e rematar no Chan da Lagoa.
A marcha, duns 17 quilómetros, conta coa asistencia duns noventa montañeiros. Os participantes pertencen a clubs de toda Galiza e concluirán a actividade deportiva cun encontro de confraternidade e entrega de trofeos e agasallos.