Sons e poesía con sabor atlántico que comparten escenario coa música americana e a fusión persa-catalá.
A partir da tradición Uxía reinventa e personaliza os sons atlánticos que relacionan Galiza con Portugal e Brasil. Un traballo agardado, gravado en Portugal, co impacto son dos tambores caboverdianos e a participación de músicos galegos e portugueses.
A de Uxía non será a única proposta de viaxe pola fusión musical. Ese día, e no mesmo escenario actúa SUK, un grupo que une a tradición catalá e persa, tanto a nivel musical como poético, con temas compostos a partir de textos de Salvat-Papasseit e Omar Jaiam. Seguiralle un concerto agardado, unha xuntanza de músicos de toda a América do Sul, desde a Arxentina até Venezuela, artellada polo pianista Benjamin Taubki
Concerto de Uxía
Mercat de Música Viva de Vic
Venres 14 de setembro de 2007 ás 00:45
Cinema Vigatà
c/ Verdaguer, 12 - Vic
Prezo: 6 €