Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
piragüismo

Galiza gaña cinco medallas no Campionato do Mundo de Maratón en Hungría

Unha vez máis, os piragüistas galegos volveron demostrar que son potencia a nivel mundial, traendo un ouro, tres pratas e un bronce para a casa.

Redacción - 10:21 16/09/2007

Desta volta foi no Campionato do Mundo de Maratón que se disputou entre os días 8 e 9 de setembro en Györ (Hungría), onde os galegos sumaron 5 medallas.

As 5 medallas galegas, unha por unha
Ángel Cristian Ribadomar, do Breogán Outón Xunqueiriña, conseguiu o ouro en C-1 na categoría junior, demostrando que se está a traballar ben nas categorías inferiores. En senior tamén houbo medallas para Alfredo Bea (prata en C-1), Manuel Antonio Campos (bronce en C-1) e Ramón Ferro e Óscar Graña (prata en C-2).

A expedición galega que se desprazou ata Györ estaba formada por dez palistas e un adestrador.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha imaxe dos subcampións do Mundo, Gralña e Ferro
Unha imaxe dos subcampións do Mundo, Gralña e Ferro
Ángel Cristian Ribadomar, campión do mundo, na competición
Ángel Cristian Ribadomar, campión do mundo, na competición
Manuel Antonio Campos, que conseguiu a súa primeira medalla nun Mundial
Manuel Antonio Campos, que conseguiu a súa primeira medalla nun Mundial