Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONCURSO LABORAL

En Mondariz para ser conserxe hai que saber solfexo

O Concello puntuaba de igual xeito a experiencia previa como a formación musical. O BNG acertou o nome do gañador diante dun notario.

Redacción - 10:10 13/09/2007

Acertar quen vai gañar unha praza en moitos concellos galegos non semella unha tarefa difícil. Se o ano pasado demostraron isto os socialistas de Lalín, agora os nacionalistas de Mondariz tamén veñen de demostrar as súas capacidades para a “videncia”. De feito, acertaron quen ía gañar un posto de conserxe e para que non quedara dúbida deixaron rexistrado o prognóstico nunha notaría.

As sospeitas comezaron cando se coñeceron as bases da convocatoria pública: 3 puntos por experiencia previa, 4 por ter traballado na limpeza e outros 3 por formación musical. O BNG denunciou o estraño que resultaba que puntura máis a experiencia na limpeza ca no propio posto e tamén a relevancia que se lle daba á formación musical. O gañador do concurso tiña traballado en empresas de limpeza e fixera algúns cursos no conservatorio. O PP sacou adiante a proposta aproveitando a súa maioría no consistorio.

Máis aló do caso concreto, o concelleiro nacionalista Xosé Emilio Barros sinaláballe a Vieiros que a denuncia pública quere poñer de manifesto que “utilizando sistematicamente o método do concurso é predicíbel en quen vai recaer a praza”.


4,67/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: