Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

Mosquera conserva o seu quinto posto cun magnífico papel na etapa máis longa da Vuelta

A xornada raíña da Vuelta trouxo o percorrido máis longo desta edición: 214 quilómetros nos que o Karpin Galicia facía un bo traballo, con tres corredores entre os mellores da etapa.

Redacción - 18:37 10/09/2007
Mosquera nun sprint o pasado sábado

Mosquera nun sprint o pasado sábado

A etapa ofrecíalles aos ciclistas un perfil moi esixente coa subida ao Coll de Fadas, -porto de 2ª categoría-, ao Porto de La Cruz de Perves -tamén de 2ª-, o Cantó -porto de 1ª-, e final no alto andorrano, teito da Vuelta, a 2.200 metros de altitude.

A carreira de mañá comezaba coa retirada de Óscar Freire, triplo campión do mundo en estrada e gañador de tres etapas nesta Vuelta que decidiu marchar para preparar o seu obxectivo deste ano, o Campionato do Mundo de fondo en estrada de Stuttgart.

Na primeira hora de carreira só percorreran 43 quilómetros, ascendendo o Coll de Fadas. A media mañá os corredores de Rabobank marcaban o ritmo da proba, e case foi así durante toda a xornada, agás na última parte, que foron os corredores do CSC os foron mandando. A etapa circulou moi rápido, a pesares de teren ascendido xa, a partir das 13:00 horas, dous portos de montaña. A fuga estabeleceuse de seguida, e os fuxidos fóronse compenetrando entre eles, dándose relevos.

Nas últimas horas as pelexas no pelotón por liderar a fuxida íanse sucedendo, mais nos minutos finais os protagonistas parecían Van Goolen, Turpin e un chisco despois Piepoli, que alcanzaba os dous corredores. Mais Sastre atacou a Piepoli -que ao final ía entrar no sétimo lugar na liña de meta-, seguido de preto por Menchov. Despois apareceu Evans tirando do grupo de líderes. Na liña final, tras os últimos sprints entraban Menchov, Evans e Samuel Sánchez. Ezequiel Mosquera era o noveno, a 31 segundos do primeiro, levándolle aínda 9 segundos a Samuel Sánchez, o que lle permite conservar a súa quinta posición na clasificación xeral.

A pelexa do Karpin Galicia
Ezequiel Mosquera seguiu a transmitir, para o público galego, as boas sensacións destes días. O de Teo, que cando comezaba a etapa da segunda feira ía quinto na xeral, estivo todo o tempo no grupo principal, na parte decisiva, namentres se ía facendo a selección final. Mosquera destacou toda a última parte da proba no pelotón, seguido de Carlos Castaño e Santos González, os tres corredores do equipo profesional galego mellor situados. No último trociño, Mosquera foi guiado pola roda de Menchov, tentando ficar, polo menos a 40 segundos do primeiro, para continuar na quinta posición na xeral, por detrás de Samuel Sánchez.

O Karpin Galicia, que xa é sétimo na xeral por equipos, está a facer un moi bo papel na primeira rolda española na que participa en toda a súa curta historia, por diante de moitos dos equipos do UCI Pro-Tour. En todo momento, entre os primeiros corredores da etapa máis dura desta proba, houbo tres do Karpin Galicia.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Perfil da etapa raíña da Vuelta a España, de 214 quilómetros e varios portos de 1ª e 2ª categoría
Perfil da etapa raíña da Vuelta a España, de 214 quilómetros e varios portos de 1ª e 2ª categoría
Mosquera segue quinto na xeral
Mosquera segue quinto na xeral