O ciclista do Karpin quedou a dous minutos e 18 segundos do líder, o alemán Bert Grabsch, do T Mobile Team, quen realizou o percorrido en 57 minutos.
Por outra parte, Óscar Pereiro, do Caisse d'Epargne, sofre as consecuencias dun virus que lle produce febres e malestar. A doenza manifestouse no seu resultado de hoxe, na posición 45. Con todo, o dúas veces gañador do Tour asegura que non vai abandonar, e aínda sobe un posto na clasificación xeral, polo que xa se sitúa no 15.
O que fora primeiro na xeral nas tres últimas xornadas, o ruso Efimkin quedou desprazado ao terceiro posto: no primeiro está agora o belga Stjin Devolder, do Discovery Chanel, e no segundo o ruso Denis Menchov, do Rabobank. Ezequiel Mosquera baixa unha posición, e queda duodécimo, a catro horas e cuarto do líder.
O Karpin queda sétimo no treito Cariñana – Zaragoza, mais continúa a ser o undécimo na clasificación xeral. Mañá agárdalles un treito de 167,5 quilómetros, de Huesca á Estación de esquí de Cerler.